¿Hai un centro renacer en Santiago de Compostela?

16-09-2013

A Asociación Antidroga Renacer non ten ningún centro de internamento ó/á drogodependente ou similiar en ningunha localidade. A nosa asociación ten o seu local social en Ribeira e as intervencións que levamos a cabo son de carácter ambulatorio e en colaboración co Servizo Municipal de Drogodependencias e/ou outros dispositivos dependentes da Consellería de Sanidade.

A Asociación Antidroga Renacer somos unha entidade sen ánimo de lucro e o noso principal obxectivo é informar e sensibilizar á sociedade ante o problema das drogodependencias, e apoiar e asesorar ó/á drogodependente e á súa familia. Para o que desenvolvemos diferentes programas dirixidos á promoción de hábitos saudables, especialmente encamiñados á prevención das drogodependencias e do VIH-SIDA nos ámbitos escolar, familiar e comunitario.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.