Ola, Maria. Resulta que cando teño unha erección, a pel do glande non se baixa, senón que queda na metade. Eu teño 14 anos, e comencei a exacular a principios de ano. É normal?

15-12-2013

Xeralmente, en condicións normais, o prepucio (pel que cubre o glande) pode baixar liberando completamente o glande situándose por debaixo do anel. Senón podes conseguilo pode ser que a abertura do prepucio é estreita (fimose), ou tamén por que o ligamento que une o glande co prepucio sexa corto.

Existen algún exercicios para tentar mellorar a elasticidade do prepucio. Consisten en baixar e subir o prepucio varias veces seguidas e facer esta operación varias veces ó día. Débese facer sen forzar e sen chegar á dor.

Se a situación segue e aparece algunha molestia deberías acudir ó medico/a, para que che fixera un diagnóstico máis preciso do que che está ocorrendo.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.