Duda

Ola María son a que tiven a infección de ouriños. O xoves 5 comecei co antibiótico e remateino o venres 6, déronme os sobres para dous días solos. Xa pasou unha semana pero aínda así para protexerme usei preservativo. Hoxe utilicei preservativo pero o meu mozo deuse conta e veu que o preservativo tíñao no interior da miña vaxina pero el aínda non se correra pode haber posibilidades de embarazo?.

15-11-2015

Cando se toman antibióticos recomendase que na semana seguinte se empreguen métodos alternativo á píldora como fixechedes vos. Tamén se debe seguir tomando a píldora con regularidade.

De todos os xeitos, o antibiótico de pode reducir a eficacia da píldora pero non significa que non teña eficacia, ademais o tempo entre o remate do tratamento e a relación sexual foi o que se recomenda.

A probabilidade de que exista un embarazo e moi, moi baixa (nunca se pode falar dunha eficacia do 100 %, a píldora correctamente tomada ten unha probabilidade dun 95-97%), xa que aínda que o preservativo quedou dentro non houbo exaculación e xa pasara unha semana dende o remate do tratamento.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.