Duda

Ola, María son a do outro dia que che dixo que estaba tomando a pastilla e que nun mes veume ben pero o pasado non me baixou, tiña que empezar a tomar a píldora o sábado pasado e non a empecei para facer un descanso, que non me baixara o mes pasado non quere dicir que este por deixar a pastilla me volva a pasar verdade? Ou outra cousa peor que se me vaia a regra para sempre?

15-10-2017

Antes de nada desculpas pola tardanza na resposta.

En principio este mes terías o teu ciclo menstrual normal, xa que non estás tomando a píldora. E non se che vai retirar a menstruación para sempre, esta modificase pola toma da píldora e mentres se esta tomando.

Podes estar tranquila