Teño dúbidas

En setembro mantiven relacións sexuais con un rapaz usamos preservativo e tomo a píldora diarimente é posible estar embarazada?

Grazas.

15-10-2014

Tanto a píldora anticonceptiva diaria como o preservativo teñen unha eficacia moi alta, se se empregan de xeito correcto. Como normas xerais, o preservativo débese empregar dende o comezo da relación e a píldora débese tomar todos os días á mesma hora.

Combinar o uso dos dous métodos é o que se denomina “dobre método” e garante unha moi alta eficacia ante os embarazos non desexados e as ITS.

Polo que a probabilidade de embarazo non desexado é mínima, ademais si xa tiveches a regra é un signo “visible” de ambos métodos foron eficaces.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.