Moitas grazas por resolver tantas inquedanzas

15-01-2016

As grazas temos que dárvolas nós a todos e todas por depositar a vosa confianza na nosa asociación. Xa que un dos fins principais polo que decidimos poñer en marcha a web foi o que precisamente comentas, poder dar información específica para cada caso e resolver dúbidas concretas. En ocasións, non sabemos onde poder obtter información e/ou podemos dar vergoña preguntala, por que aínda que estamos na sociedade da información, as veces a información que podemos atopar non se adapta as nosas necesidades ou está sesgada en función de intereses políticos, económicos, .... e dende a nosa asociación só pretendemos dar información con base científica e libre de prexuízos.

Esperamos que sigades contando connosco para calquera dúbida ou inquedanza que poidades ter. Aínda que forma parte do noso traballo tamén é un pracer poder axudarvos, na medida das nosas posibilidades. Así que, aquí estamos para o queirades.