Duda
Ter infección por candidiase vaxinal pódeche producir cancro de cervix ou algo relacionado? Grazas.
14-10-2016
A candidiase ou micose vaxinal é unha infección producida polo sobrecrecemento de especies de fungos ou cándidas. A máis común é a provocada pola Cándida albicans. As cándidas son xermes oportunistas ou comensais que habitan a flora vaxinal, a boca e o tubo dixestivo en condicións normais, pero a súa poboación crece cando se altera o equilibrio natural.
As candidiases vaxinais son moi frecuentes, moitas veces asintomáticas: estímase que dous de cada tres mulleres padeceraas ao longo da súa vida e poden ser recorrentes.
Xeralmente prodúcense cando se altera o equilibrio da flora vaxinal normal e a súa pH, por exemplo tras a toma de antibióticos de amplo espectro, que eliminan os lactobacilos e permiten o crecemento de xermes oportunistas. Outros factores predispoñentes como: uso doutros fármacos que debiliten o sistema inmune, ennfermidades debilitantes como a anemia, a desnutrición ou a tensión, o embarazo, a menstruación, o uso de pantalóns axustados ou roupa non permeable, ….
A posibilidade dunha complicación grave é moi rara, aínda que se describiron casos de endometrite, enfermidade inflamatoria pélvica e abscesos cando a infección por cándidas coexiste con outros patóxenos.
O cancro de cervix relacionase co Virus do Papiloma Humano, polo que se recomenda a vacina en rapazas novas, de feito está dentro do calendario de vacinación.
De todos os xeitos, se tes estás preocupada por que ter candidiases recurrentes, podes acudir a ó/a especialista e consultarlle a túa situación.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.