Dúbida sobre Ets
Pois fai uns meses tiven relacións cunha persoa e o preservativo rompeuse, e despois diso empezei a notar algo raro no pene, como picores ou escocementos, xa sei que non ten que ser diso pero gustaríame facer unhas probas de ets por se acaso..... onde podería facelas?
Moitas grazas
Un saúdo
14-08-2015
Recomendámosche que acudas a teu médico/a de cabeceira para que che faga unha valoración e se é necesario che derive a un/a especialista. Non é necesario acudir a un servizo especializado, será el/a quen o valore se o considera necesario.
A modo informativo, as causas de ter ronchas/lesións no pene poden ser varias, infeccións debidas a humidade da zona e/ou pola hixiene, alerxias, … ou mesmo poden ser síntomas dunha infeccións de transmisión sexual se tiveches relacións sexuais sen protección. Se non se presentan outros síntomas como enrroxecemento, inflamación, picor, ardor, dor, …. que poden indicar a presenza dunha infección (e non ten por que ser sexual) pode tratarse dunha aparición illada normal e non indicativa dunha enfermidade, como poden aparecer noutra parte do corpo.
Aínda que fora este o caso, para certificar con seguridade o que che pasa, insistimos en que é necesario que sexan vistos polo eu médico/a para que che realice unha exploración e che indique, se é necesario, o tratamento oportuno.
Sería recomendable que usarás protección nas túas relacións sexuais, por se se trata dunha infección e evitar a transmisión a outras persoas.
E no caso de que che diagnostiquen unha ITS, recomendacións:
• Os tratamentos para as ITS non adoitan ser dolorosos nin custosos. Canto antes te poñas en tratamento existen menos riscos de ter problemas permanentes.
• Segue as prescricións do persoal médico.
• Avisa á túa parella ou ás persoas coas que tiveches relacións sexuais recentemente. Infórmaas da túa enfermidade e da posibilidade que teñen de padecela, mesmo se non presentan síntomas. Recomenda que acudan ao médico. elas tamén teñen dereito a tratarse.
• Non interromper o tratamento porque desaparecen os síntomas.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.