Dúbida

O alcol diminúe a eficacia da píldora diaria?

14-08-2014

O alcohol non diminúe o efecto das pastillas anticonceptivas. Sen embargo, o anticonceptivo pode influír sobre o metabolismo do alcohol facendo a persoa máis susceptible á intoxicación. O alcohol non ten un efecto directo sobre a pastilla anticonceptiva, pero se existise unha intoxicación que leve ao vómito pode afectar a absorción da pastilla e por ende o seu efecto.

Un dos efectos do alcohol é inhibir gradualmente as funcións cerebrais, afecta en primeiro lugar ás emocións (cambios súbitos de humor), os procesos de pensamento e o xuízo. Ademais diminúe o autocontrol, afecta á memoria, a capacidade de concentración e as funcións motoras. E en calquera momento, baixo os efectos daniños do alcohol ao sistema nervioso, podemos cometer erros fundamentais para a vida sexual, como ter relacións sexuais sen usar un método anticonceptivo ou usar o condón de xeito incorrecto.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.