Idade mínima
Ola María, gustaríame saber cal é a idade recomendada para comezar a tomar a pílula anticonceptiva. Grazas
14-08-2014
Non existe unha idade mínima para empregar métodos anticonceptivos, o máis importante é levar unha vida sexual sa e evitar riscos, si xa comezaches unha vida sexual activa o máis importante é usar un método anticonceptivo axeitado. A lei española Lei española sobre a autonomía do/a doente, considerase que o/a menor pode tomar as súas decisións libremente a partires dos 16 anos e se ten menos terase en conta a súa opinión, pero será o profesional médico quen decida se é necesario o consentimento do representante legal.
De todos os xeitos, á hora empregar calquera método anticonceptivo hormonal é necesaria a indicación facultativa dun/ha especialista, que será quen che indica cal é o método máis apropiado parao teu caso en concreto.
Podes acudir ó teu médico/a de cabeceira, xinecólogo/a ou a un centro de orientación e planificación familiar. O máis próximo á nosa comarca é o Centro de Planificación de Santiago, e podes chamar directamente para concertar unha cita. Este é un servizo gratuíto que conta cun equipo multidisciplinar ( psicólogo/a, enfermeiro/a, xinecólogo/a,…). O Centro de Planificación atópase en Santiago na Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572. Para pedir cita tes que chamar en horario de mañá.
A toma da pílula anticonceptiva presenta vantaxes e desvantaxes. Entre as vantaxes da pílula están que regula o ciclo menstrual, pode diminuír as molestias menstruais e algunhas regulan os desamaños hormonais que poden facer, por exemplo, que aumente a lanuxe no corpo (pernas, brazos, cara...). Entre as desvantaxes: hai que lembrar tomala cada día, se esqueces unha toma, non é efectiva nese ciclo, se tes vómitos ou diarreas, antes das dúas horas posteriores á toma da pastilla, hai que repetila, porque poida que o corpo non a asimilara e pode ter efectos secundarios (consultar con profesionais).
Lembrar que a pílula anticonceptiva só nos protexe de embarazos non desexados, nunca de ITS e/ou VIH-SIDA.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.