Se non tes a regra podes quedar embarazada?
14-08-2012
Ca información que nos proporcionas é difícil dar unha resposta concreta, xa que se pode entender que nunca tiveches a regra ou que nestes intres non a tes.
No caso de que nunca menstruaras, en teoría non debería existir risco de embarazo non desexado pero tamén pode ocorrer que teñas óvulos maduros por que vas ter unha menstruación. Aínda que existen signos, tanto físicos como psicolóxicos, que nos indican que unha rapaza entra na puberdade non podemos saber con exactitude cando vai ter a súa primeira menstruación.
No caso que nestes intres non teñas a menstruación por ter regras irregulares (soe ocorrer en rapazas novas e xa que o ciclo menstrual pode verse afectado por múltiples factores: cambios na alimentación e no ciclo sono-vixilia, situacións de ansiedade,…) pode existir tamén risco por que non podemos saber se estamos a ovular, a menos que empregues métodos médicos específicos.
Polo que, se tiveches relacións sexuais sen protección pode existir risco de embarazo non desexado ou da transmisión dunha ITS.
Para maior seguridade é recomendable facer una proba de embarazo: pódela facer no teu médico/a de familia, comprando un test na farmacia (aínda que depende da marca o seu prezo pode rondar os 10 €) ou nos Centros de Planificación Familiar (o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).
Os test de embarazo miden o nivel de hormona hCG (gonadotropina coriónica humana) que comeza a segregarse cando ó ovulo fecundado implantase no útero (un óvulo fecundado tarda o redor de 7 días en baixar das Trompas de Falopio e chegar ó útero). Hai que ter en conta que a cantidade de hormona producida depende de cada muller, polo que algunhas mulleres poden detectar o embrazo antes que outras. Estímase que nos test de ouriños é posible detectala ó redor do día 14 despois da posible fecundación, pero isto vai depender da proba que se empregue, é máis fácil detectala nun test de sangre (ten que realizalo un médico/a). Para que o resultado sexa totalmente fiable recomendase facela proba 5 días despois da primeira falta da regra.
Algo importante que debes ter en conta cando se manteñen relacións sexuais con penetración é necesario empregar algún método anticonceptivo (hormonais ou métodos de barreira). Ademais dos embarazos non desexados tamén é importante a prevención de infeccións de transmisión sexual, o preservativo é o único método que prevén tanto, de embarazos non desexados como de infeccións de transmisión sexual.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.