Duda

Ola María, acabei a pastilla este venres e aínda non me baixou, hoxe a tarde ao chegar da praia tiña como unha mancha marrón pero despois non me volveu a aparecer nada mais. Pois resulta que este mes, eu sempre son constante ca pastilla, pero resulta que o sábado pasado en vez de tomala sobre as 9 da noite esquecéuseme e tomeina as 5 da mañá, lin o prospecto e dicía que se non pasaba das 12 horas que tiña que estar tranquila e aos días seguintes tomei a pastilla na súa hora habitual ata este venres que a terminei, ti cres que poida estar embarazada?.

14-07-2015

Tal e como comentas na pregunta se non transcorren máis de 12 horas da hora habitual da toma da píldora anticonceptiva esta segue a ter a mesma efectividade.

Tamén tes que ter en conta que un dos efectos secundarios da toma de píldoras anticonceptivas é que muda o fluxo menstrual , tanto no seu aspecto (vólvese de cor máis escura) como na cantidade (redúcese ou mesmo pode non aparecer). Polo que ese retraso que mencionas non ten que ser debido a un embarazo non desexado se tomaches a pílula de xeito correcto, como tamén mencionas que o fixeches.

Lembra que a pílula débese tomar todos os días á mesma hora e se existen diarreas ou vómitos nas catro horas seguintes deberase tomar outra pastilla. Ademais determinados antibióticos poden reducir a eficacia da pílula, polo que se chos recitan debese informar ó médico/a.

De todos os xeitos, se segues sen ter a regra e estás preocupada podes realizar un test de embrazo e así estarás máis segura e tranquila (máis por isto último).

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.