Hai un centro renacer en Asturias?
Porque teño entendido que un amigo vai ingresar pero non sei onde nin nada poderíasme dicir dirección e que actividades se fan e que tipos de persoas admiten e durante canto tempo.
14-07-2013
A Asociación Antidroga Renacer non ten ningún centro de internamento ó/á drogodependente. As intervencións que levamos a cabo con persoas con problemas de drogodependencia son de carácter ambulatorio e en colaboración co Servizo Municipal de Drogodependencias e/ou outros dispositivos dependentes da Consellería de Sanidade.
Polo que non podemos resolver a dúbida que planteas e, ademais, a información que solicitas é de carácter privado e non se pode divulgar. Entendemos que houbo unha confusión da nosa asociación con outra entidade.
A Asociación Antidroga Renacer somos unha entidade sen ánimo de lucro e o noso principal obxectivo é informar e sensibilizar á sociedade ante o problema das drogodependencias, e apoiar e asesorar ó/á drogodependente e á súa familia. Para o que desenvolvemos diferentes programas dirixidos á promoción de hábitos saudables, especialmente encamiñados á prevención das drogodependencias e do VIH-SIDA nos ámbitos escolar, familiar e comunitario.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.