Pódese aplicar polbos comestibles en xenitais?
E outros produtos, tanto en feminino coma masculino, grazas.
14-07-2012
Antes de nada pedir desculpas por non responder antes pero, como avisamos na portada da web, este servizo estivo temporalmente desactivado.
Á hora de empregar produtos nos órganos xenitais é fundamental comprobar se o produto cumpre a normativa sanitaria e de seguridade para o que estea deseñado (isto ten que estar indicado no envase co marcado CE) e que está testado dermatolóxicamente, xa que a zona xenital é especialmente sensible. Por iso á hora de empregalos é recomendable recorrer a produtos de cosmética erótica, xa que están destinados ó seu uso nas zonas xenitais e non a outro tipo de produtos e/ou alimentos por que poden facer algún tipo de reacción nos órganos xenitais.
En relación a outros produtos que se poden empregar nas relacións sexuais, tales como, lubricantes, xoguetes eróticos, …. tamén é fundamental comprobar o que indicamos anteriormente en relación ós polbos xenitais.
Os xoguetes sexuais e a cosmética erótica poden favorecer un modelo lúdico de relación sexual, xa que nos pode axudar a explorar ó noso corpo e o da nosa parella. Pero antes de empregalos é importante falar do tema entre a parella para coñecer as preferencias de cada un/ha (xa que existen un montón de produtos con distintos sabores, texturas, formas e aplicacións) e así explorar e desfrutar conxuntamente dos vosos corpos e da vosa sexualidade.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.