Dóeme facerme dedos

Xa non sei que facer.. axuda?

14-07-2012

Antes de nada pedir desculpas por non responder antes pero, como avisamos na portada da web, este servizo estivo temporalmente desactivado.

En relación a dor que comentas ó practicar a masturbación, esta normalmente pode provir do nerviosismo, falta de información ou outros aspectos que poden afectar ó teu estado de excitación. Cando se introducen os dedos na vaxina e non hai unha boa excitación os músculos da mesma están contraídos poden dificultar a introdución dos mesmos e xerar dor. Ademais, os labios menores segregarán menos fluxo vaxinal o que tamén dificulta a penetración.

Canta máis confianza e comodidade teñas á hora de masturbarte, máis relaxada estarás e así os músculos da vaxina dilataranse. Tamén pode ocorrer que teñas dificultades para segregar fluxo vaxinal, para isto pode servirche de axuda un lubricante extra, que podes conseguir nunha farmacia.

Para lograr una boa excitación é importante relaxarse e deixarte levar polas sensacións e o pracer que todo o noso corpo nos pode procurar. A masturbación é una práctica que nos procura pracer pero non é a única, todo o noso corpo nos provoca sensacións e, en ocasións, se nos centramos só nos órganos xenitais , perdemos esas sensacións pracenteiras e se, ademais estamos demasiados atentos/as por se aparece a dor a excitación non será tan boa e a dor pode aparecer.

Sería importante que comezarás a conseguindo unha boa excitación sen penetración e desfrutar dela, coñecendo ben o pracer que todo o corpo che pode dar e logo progresivamente ir introducindo a masturbación no “xogo” sexual.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.