A unha muller embarazada déixalle de vir a regra?

14-06-2016

Teoricamente, é imposible menstruar durante o embarazo, sobre todo despois do tres primeiros meses, cando se fala dun embarazo uterino normal. Durante o primeiro trimestre, con todo, por razóns hormonais ou funcionais, é posible sufrir sangrados con características similares ás da menstruación, pero adoitan ser máis leves.

Debido a que estes sangrados ocórrenlle a unha minoría de mulleres embarazadas, en principio, considérase que non se producen por mor da menstruación, senón a outras cuestións, que, en caso de repetirse, poderían ser preocupantes e deberían ser consultadas co xinecólogo: lesións na vaxina, ameaza de aborto...

Aínda así, algunhas mulleres, experimentan o que se coñece como “un ciclo regular menstrual”, aínda que están realmente embarazadas. Isto prodúcese normalmente cando queda embarazada preto do comezo do seu ciclo menstrual. Por tanto, poderíase dicir que non é posible menstruar durante o embarazo salvo nestes casos nos que o ciclo menstrual só se produciría unha vez.

Outra das causas dos sangrados ó o chamado sangrado de implantación. É un lixeiro sangrado, de cor vermella escuro ou marrón. Pode durar varios días e os síntomas son moi parecidos aos da regra. Para diferencialos hai que ter en conta que o sangrado de implantación é moi escaso. Non se debe considerar como un problema ou causa de aborto, nin moito menos, é un síntoma normal do embarazo, que ocorre durante as primeiras semanas de xestación, a unha porcentaxe pequena de mulleres. Esta pequena perda de sangue prodúcese cando o óvulo fecundado adhírese ao útero.

De todos os xeitos, se durante o embarazo se detectan hemorraxias abundantes e provocan dor, débese consultar de inmediato ao médico/a.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.