Podo estar en estado se meu mozo tiña liquido preseminal no seu pene e rozo a miña vaxina 2 segundos sen chegar a penetrar?
14-05-2013
Para que exista embarazo: os espermatozoides penetran na vaxina e ao non convirlles o medio ácido desta, emigran cara ao pescozo (un medio alcalino máis favorable), atravesan o útero e chegan ás trompas de Falopio nun par de horas. Alí poden sobrevivir de 48 a 72 horas (fóra da muller viven menos de 24 horas). É dicir, a fecundación pode producirse dúas ou tres días despois do encontro sexual. Dos centos de millóns de espermatozoides que contén o seme, apenas un centenar consegue chegar até o óvulo (o resto esgótase e morre) e só un deles logrará entrar no seu interior e fecundalo. Cando ocorre, a membrana do óvulo, até entón permeable, altera a súa estrutura química e pecha o paso ao resto de espermatozoides.
No caso que ti comentas o seme non entra en contacto co orificio vaxinal, polo que non é posible que se produza a fecundación e o posterior embarazo.
Sería recomendable que considerarades introducir o preservativo nas vosas relacións sexuais se queredes gozar de outras prácticas sexuais, sen que supoña un risco para a saúde.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas