Urxente

Ola, fai dúas horas aproximadamente mantiven relacións sexuais co meu mozo. Nós nunca usamos preservativo por que eu tomo as anticonceptivas todos os días a mesma hora. El exaculou dentro de min as dúas veces que o fixemos. E agora pasadas dúas horas mancho sangre como si me baixara a regra, pero aínda me queda una semana para acabar as anticonceptivas e para que me baixe a regra. A que se debe isto? Grazas e un saúdo.

14-04-2017

Antes de nada debemos aclarar que a mediante este medio non é posible facer un diagnóstico nin somos ós especialistas axeitados/as neste campo. Polo que a información que aportamos é a modo de orientación. Recomendámosche que acudas o teu médico/a para que faga unha valoración e unha exploración do que che está a ocorrer.

O que consultas non ten unha resposta concreta, xa que vai depender de varios factores. Como por exemplo, fai moito tempo que empregas a píldora anticonceptiva?, cal empregas, a de 21 días ou a de 28?. Se fai pouco tempo que empregas a píldora pode que existan desaxustes menstruais e se a píldora que empregas é a de 28 días a regra baixa durante a última semana.

Sen embargo, se xa fai tempo que as tomas e soes ter regras regulares o sangrado postcoital pode deberse a outras causas, que soen ser banais e cunha simple revisión xinecolóxica poden detectarse e corrixirse.

O sangrado vaxinal tras as relacións sexuais con penetración sófreno nalgún momento da súa vida o 10 % das mulleres e responde na maior parte dos casos a procesos benignos. Entre as causas máis frecuentes están:

  • Infeccións vaxinais, que adoitan causar outros síntomas: proído vulvar e vaxinal, escozor, mal cheiro, cambio de cor e aumento da cantidade do fluxo vaxinal, irritación xenital... sobre todo as causadas polos fungos ou bacterias.
  • Pólipos do pescozo de útero: son formacións pediculadas de carácter benigno, que asoman cara a vaxina, moi vascularizados, que sangran facilmente tras o contacto co pene. Débense extirpar e realizar un estudo anatomo-patolóxico para descartar o seu malignidade.
  • As inflamacións do colo do útero, que poden ser provocadas tamén por infeccións vaxinais ou traumáticas (feridas vulvovaxinais) polas relacións sexuais. O aumento da frecuencia do coito, determinadas prácticas sexuais, feridas polas uñas... poden tamén, provocar sangrado durante ou despois do coito.
  • Úlceras cervicais: a mucosa de dentro do útero sae á cavidade vaxinal, aumentando a súa vascularización e produce sangrado tras a penetración do pene.
  • Fisiolóxico: ás veces ocorre o día da ovulación por unha contracción uterina provocada polo orgasmo feminino. Por esta mesma causa, explícanse os sangrados que ocorren días antes ou despois da regra (fluxo menstrual).

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.