Duda 2
Ola, son a chavala da pregunta titulada "duda". Como xa dixen tiven unha relación de risco 12 días despois da menstruación, e agora 11 días despois desa relación sexual tiven un sangrado con dolor igual o da menstruación, pero co problema de que a regra problema tocábame aínda dentro de 15 días. Que pode estar a acontecerme?. Grazas e perdón polas molestias.
14-04-2016
Non tes que pedir perdón este servizo é parte da nosa labor e estamos encantadas de poder axudarche.
Independentemente de cando esperas a menstruación (ademais de que como xa comentaches tiñas ciclos irregulares), debes acudir ó médico/a a facer unha revisión xa que non é normal que o sangrado sexa con dor. Sempre que aparece dor na zona xenital e ademais e acompañada de sangrado temos que acudir a un servizo médico. Dende aquí non podemos saber que che pode estar a acontecer, podería ser unha infección de transmisión sexual ou outras moitas cousas, pero só son hipóteses.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.