¿Cando unha muller se masturba antes de perder a virxinidade, ten risco de romper o hime?

14-03-2010

O concepto de “perder a virxinidade” é algo relativo, xa que varía dunhas culturas a outras: pódese considerar como nunca haber tido relacións sexuais con penetración ou ter o hime enteiro.

Aínda así, debes saber que o hime é unha membrana moi fina e flexible que “pecha” parcialmente o orificio vaxinal xa que ten perforacións que permiten a saída do fluxo menstrual (e permite introducir tampóns) e outras segregacións vaxinais. Pero tanto o tamaño coma a forma varía moito dunha muller a outra, de feito pode ocorrer que algunhas mulleres non o teñan por nacer sen el.

Esta membrana pode romper na primeira relación sexual ou estar tan perforada que non rompe ca penetración ou romper con anterioridade. Con respecto a isto último, nalgunhas mulleres é tan fina que pode romper practicando algún deporte ou por algún golpe na zona vaxinal, sen que se dean conta.

En canto á masturbación, pode facer que rompa o hime ó introducir os dedos ou algún obxecto na vaxina (como por exemplo, un vibrador), pero tamén pode ocorrer que se introduza o dedo por unha das perforacións e que non haxa rotura. Iso vai depender do groso/fino que sexa o hime, que en cada muller é diferente.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. GRAZAS.