Dúbida sobre <span>Drosure</span>
Ola María: o meu problema e que estou tomando Drosure e xa estou nas pastillas placebo (na 3ª pastilla placebo) e aínda non me baixou a regra, a que se pode deber?.
14-01-2013
Ca información que nos facilitas é difícil dar unha resposta precisa, por que a ausencia ou o retraso da regra pode ser debido a moitos factores dependendo das circunstancias da persoas ou das tomas.
Se á primeira vez que tomas esta pílula anticonceptiva pode ser que teñas trastornos menstruais, é dicir, sangrados ó longo do mes e retraso na menstruación. Ademais con outros métodos hormonais o sangrado menstrual non sempre comeza nos primeiros días da semana da menstruación.
En relación a toma deste método anticonceptivo, lembrar que a toma debe ser diaria a unha mesma hora. Tamén hai que ter especial coidado con diarreas e vómitos nas horas seguintes e posibles interaccións con outros medicamentos.
Polo que che recomendamos que acudas ó/á especialista que che recomendou esta método anticonceptivo, e se non pode ser ó teu médico de cabeceira para que che fagan unha valoración máis detallada e precisa do teu caso.
Lembra que a pílula anticonceptiva só nos protexe de embarazos non desexados, nunca de ITS e/ou VIH-SIDA.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.