Que podo facer?

Teño un problema. O meu mozo quere ter relacións sexuais con penetración comigo, e dimo pero di que se non quero pois non. Pero as miñas amigas e compañeiras de clase dinme que xa é hora. E eu teño problemas de autoestima co meu corpo e dáme vergonza. Ademais só teño 15 anos.

13-11-2013

É fundamental ter a primeira relación sexual cando se queira e porque se quere, non porque existan presións, nin da nosa parella ou do noso grupo de amigos/as. Non existe unha idade establecida para a primeira relación sexual, como tampouco existe para comezar a sentir, desexar, desfrutar,...e un montón de cousas que as persoas sentimos e vivimos ó longo da nosa vida.

As persoas temos a capacidade de aprender a coñecer, gozar, compartir ou vivir individualmente durante toda a nosa vida: a sexualidade. Cada un/ha viviraa en forma individual e única. Cada sensación, cada corpo, cada cheiro ou sentimento é diferente doutro. Cada contacto é novo e por tanto único e diverso. Non hai unha idade ou un momento determinado para compartir a nosa sexualidade. Cada un/ha terá o seu momento, cada un/ha descubrirá como e con quen. Non cho impoñas nin permitas que cho impoñan. É a túa decisión, é o teu corpo, a túa mente e os teus sentimentos. Ti saberás cando estás preparado/a, cando che apetece e cando o desexas realmente. Non te deas présa, goza de cada etapa natural do teu desenvolvemento.

Ademais é algo que debes falar ca parella para coñecer os seus desexos, gustos,... e así poder vivir a sexualidade satisfactoriamente ámbolos dous. Lembrade que a sexualidade non só se centra non órganos xenitais, xa que todo o noso corpo é sexuado o que implica que podemos obter pracer a través de calquera das súas partes. Non é necesario que exista unha relación sexual con penetración para gozar. E aínda mais, se non estas seguro/a pode que a satisfacción non sexa todo o grande que debería e pode provocar que ningunha das persoas se sinta todo o ben que debería e gozar. E aínda mais, se non estas seguro/a pode que a satisfacción non sexa todo o grande que debería e pode provocar que ningunha das persoas se sinta todo o ben que debería e mesmo que algunha delas se sinta realmente mal.

En canto a eses sentimentos negativos que sentes cara o teu corpo, lembra que tes dereito de gozar de quen realmente se é, e non privarse da alegría que dá o sentirse fermosa por ser única e irrepetible.

Querer o propio corpo, en ocasións, require unha aprendizaxe que deberías comezar buscando e resaltando a deusa interior que todas temos dentro. Para isto, basta mirarse no espello, deixando que os pensamentos negativos que aparecen ao ver esas partes especiais que non che gustan, flúan ata que as observes con máis obxectividade e de forma máis tolerante (non debes de basearte ne modelos de beleza impostos, que xeralmente son falsos) e entender que o noso corpo é belo, todos os corpos o son, porque nos permiten transmitir, compartir e gozar de moitas sensacións pracenteiras. Falar disto ca túa parella tamén che vai a axudar nesta aprendizaxe, saber e experimentar que provocamos atracción e desexo noutra persoa e unha “inxección” de autoestima.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.