Dous meses despois de tomar a pastilla do día despois é normal que sigas tendo a barriga inchada? E outra cousa, canto duran os efectos secundarios da pastilla do día despois, máis de 3 meses?

13-06-2016

Entre os efectos secundarios da píldora do día despois non está a inchazón de barriga e menos despois de tanto tempo logo de tomala.

Os efectos secundarios máis comúns son as náuseas e vómitos (se son nas tres primeiras horas convén tomar outra). Ademais destes, outros poden ser dor de cabeza, cansazo, molestias nas mamas, desaxustes na menstruación e manchado irregular. O sangrado pode prolongarse ata a seguinte regra pero o resto de molestias soen desaparecer ós días.

Esa inchazón que comentas debe ter outras causas, polo que se é un tema que che preocupa deberías facer unha revisión médica para coñecer a causa.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.