Refírome, si tomas a píldora do día despois antes das 12 horas despois de manter relación funciona correctamente?
13-06-2016
Si, canto antes se tome máis efectiva é. A píldora do día despois nas primeiras 24 horas ten unha eficacia do 95%, se se toma correctamente. É dicir, se apareceron vómitos durante as dúas horas seguintes á inxestión das pastillas, débese repetir á toma canto antes. Se vomitaches despois de tres horas de tomar os comprimidos, non te preocupes, a medicación xa che fixo efecto.
Nos días posteriores á toma é posible que apareza un sangrado vaxinal ou tamén pode presentarse coincidindo coa seguinte menstruación.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.