Esquecinme de tomar unha pastilla anticonceptiva, e ao día seguinte tomei dúas, e tiven relacións. Hai posibilidades de que puidese quedar embarazada?
Esquecinme de tomar unha pastilla anticonceptiva, e ao día seguinte tomei dúas, e tiven relacións. Hai posibilidades de que puidese quedar embarazada?
13-04-2017
O que se recomenda cando existe un esquecemento da toma da píldora é tomala tomar dentro das 12 horas posteriores á hora de toma habitual.
Se transcorreron máis de doce horas, como no teu caso, logo de tomar dúas nunha toma debes verificar:
- Se pastilla esquecida era unha das 7 primeiras do envase, debiches tomar á anticoncepción de emerxencia, sobre todo se tiveches relacións sexuais sen preservativo durante os últimos días. E utilizar un condón nas relacións sexuais durante os seguintes 7 días mentres e continuar tomando as pastillas correctamente.
- Se a pastilla esquecida non está dentro das primeiras 7 nin tampouco dentro das últimas 7 activas do envase, con só recuperar o comprimido esquecido será suficiente para manter a protección. Pon especial atención a non esquecer outro comprimido durante este envase.
- Se a pastilla esquecida é unha das últimas 7 activas deste envase, ademais de tomar o comprimido esquecido débese comezar un novo envase cando se terminen os comprimidos activos do actual envase. É dicir, non se toman os placebos nin se fai pausa entre a caixa actual e a seguinte. A menstruación postergarase ata terminada a nova caixa, pero superouse o risco de que ocorra un embarazo. O esquecemento das pastillas placebo ou inactivas (esas de cor diferente que están ao final do envase) non ten importancia (isto é no caso de que tomes a pildora de 28 días). Só asegúrate de retiralas do envase para iniciar o teu seguinte envase correctamente cando corresponde.
En canto ó risco de embarazo, vai depender de que pastilla te esqueceras. Para unha maior seguridade, podes realizar unha proba de embarazo.
É importante lembrar que ante calquera circunstancia que che faga supoñer que as pastillas poden ser menos efectivas é prudente iniciar de inmediato o uso do preservativo.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.