Dubida
Se o fixen cun rapaz fai 5 meses con condón e veume a regra 3 veces pero este mes se me retrasou 3 días e durou tres días menos do debido, pode que estea embarazada ?
12-11-2017
A única maneira de saber se realmente se está embarazada é mediante unha proba de embarazo. De todos os xeitos, se empregachedes correctamente o preservativo non hai posibilidades de embarazo e senón tiveches neste cinco meses ningunha relación sen protección.
O retraso na regra pódese deber a múltiples factores, non unicamente pola existencia dun embarazo como , pode ser causado por outras situacións tales como:
− Exceso de actividade física como ocorre con atletas ou persoas en preparación para algunha proba ou competición deportiva;
− Dietas moi restritivas;
− Mala alimentación ou disturbios alimentarios como anorexia ou bulimia;
− Exceso de tensión ou estrés;
− Alteracións hormonais causadas pola Síndrome de ovarios poliquísticos, endometriosis, mioma uterino ou a pílula do día seguinte.
Ademais na adolescencia adoita ser moi común que as regras non sexan moi regulares. Pero, se volves ter retrasos, podes acudir a unha revisión xinecolóxica para que che faga unha valoración do teu caso en particular.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.