Cambiaron a lei do aborto?
12-10-2013
A día de hoxe non se produciu ningún cambio en canto á normativa legal sobre o aborto. O goberno manifestou a súa intención de reformar a lei existente de “prazos” por unha de “supostos”, de xeito que o aborto sexa un delito excepto en casos concretos, pero de momento as excepcións descoñécense e non se concretou en que consistirá a reforma.
Na actualidade, e dende o ano 2010, a Lei Orgánica de Saúde Sexual e Interrupción Voluntaria do Embarazo establece que a muller non está obrigada a dar ningún motivo para levar a cabo a interrupción voluntaria do embrazo ata a semana 14 de xestación. Mais aló dese período e ata a semana 22, poden facelo só se se aprecian malformacións no feto ou se hai risco para a saúde física e/ou psicolóxica da nai. Despois de este tempo, a interrupción voluntaria do embarazo só está permitida se un comité médico determina que existe unha malformación grave ou incompatible coa vida.
A lei sitúa nos 16 anos a maioría de idade para decidir. As mozas de 16 e 17 anos terán que informar ós seus pais/nais da súa decisión de abortar, excepto nos casos nos que poida suporlles "violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións ou malos tratos", que terá que ser demostrado cun informe dun especialista (psicólogo/a, psiquiatra, traballador/a social).
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.