Duda
Fai pouco abortei voluntariamente e quería saber se cando vaia ao medico vaime salir no historial ou o medico podeme decir algo se vou acompañada ou se me vai decir algo respeto a eso. Miña parella non o sabe e quero que siga sen sabelo. E dentro duns meses teño pensado quedar embarazada,hay algun inconveniente ou algo por ir abortar fai pouco? Grazas
12-09-2019
Na túa pregunta plantexas varias cuestións ás cales vou tratar de respostar por partes.
En xeral o aborto optativo non provoca problemas de fecundidade nin complicacións posteriores nos embarazos. Sen embargo, hai estudos que suxiren unha posible relación entre o aborto e o risco elevado de nacemento prematuro e baixo peso ao nacer.
De tódolos xeitos, estos riscos dependen do tipo de eaborto que se realice (o cal ti non especificas):
- Aborto médico: no que se toman medicamentos nos primeiros meses de embarazo para abortar o feto. Estes abortos non aumentan o risco de ter complicacións nos embarazos futuros.
- Aborto quirúrxico: neste extráese o feto do útero a través da vaxina, cun procedemento quirúrxico. Neste caso as mulleres sometidas a varios abortos quirúrxicos poden presentar maior risco de presentar traumatismos no cuello de útero.
Polo tanto, se che preocupa o posible impacto que poida ter o teu aborto nun embarazo futuro, fala co/a profesional que cho practicou, xa que éste mellor ca ninguén sabe como está o teu organismo e os riscos que pode haber; así como o tempo prudencial de espera (no teu caso concreto) para tentar un novo embarazo.
Polo que respecta á confidencialidade da acción que levaches a cabo, todas as intervencións que nos pratican no Sistema galego de saúde quedan rexistradas no noso historial médico. Dito historial é privado, pero lóxicamente en calquera consulta posterior que poidas ter o/a profesional pode facer referencia a todas aquelas intervencións ás que nos someteron nun pasado; de feito sempre que se acode a un especialista fai un historial con todas as enfermidades que padecemos, así como intervencións quirúrxicas ás que nos sometemos... e no caso das mulleres, outra das preguntas que nos fan é o número de embarazos que tivemos. Entón se a túa parella non o sabe, e o aborto aparece no teu historial clínico pode ocorrer que o médico o mencione ó longo dalgunhas das consultas que se teñen durante o proceso do embarazo.
Agardo que che servira de axuda, se tes algunha outra inquedanza non dubides en poñerte en contacto.