Duda

Si estas tomando a píldora e de repente poste enferma e tomas antibióticos, canto teño que esperar para que a píldora teña a súa eficacia normal?

12-08-2015

Como regra xeral se se toman antibióticos ó mesmo tempo que a píldora anticonceptiva, é boa idea usar un método adicional para previr un embarazo non desexado, como o preservativo.

E debido a que os antibióticos poden permanecer no sistema por un tempo logo de que a persoa deixa de tomalos, e importante seguir usando un método de respaldo (preservativo) polo menos durante unha semana logo de deixar de tomar os antibióticos. Mentres debes seguir tomando a píldora normalmente e deste xeito ó empregar un método de respaldo non tes que esperar nada.

Cando se combina a inxesta da pílula anticonceptiva coa doutros medicamentos, como determinados antibióticos, prodúcese unha diminución na eficacia da pílula. Pero non todos os antibióticos diminúena eficacia da píldora, podes consultarlle ó teu médico/a se o que estás a tomar interfire ou non.

A modo informativo, o antibiótico máis investigado e coñecido pola súa capacidade de reducir a efectividade das pílulas anticonceptivas é o rifampín, o cal é prescrito para infeccións tales como tuberculoses, lepra, meninxite inactiva, … entre outras enfermidades. Outros antibióticos que poden afectar as pílulas anticonceptivas inclúen a penicilina, amoxicilina, sulfonamida, ampicilina, tetraciclina, cotrimoxazol, griseofulvina, nitrofurantoina, metronidazol, minociclina, e o fenobarbitol. Se o antibiótico que tomaches é un non mencionado na lista, pregúntalle ao teu doutor sobre os seus efectos no teu medicamento anticonceptivo.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.