Píldora anticonceptiva dúbida 2

Tomar a píldora combinada todos os días sempre pola noite entre as 22:00/00:30, despois da cea, é un bo uso dela?. Ese intervalo horario da toma supón tomala correctamente ou ten que ser todos os días a mesma hora sen ningunha variación?

11-08-2015

Tomar a píldora todos os días a mesma hora aumenta a súa eficacia. A mellor hora é media hora despois dunha comida, como fas ti despois da cea, ou antes de ir durmir. Que teñas fixado un horario que che sexa cómodo e rutinario axudarache a recordar que a tes que tomar e así prever posibles esquecementos.

O intervalo de dúas horas e media do que falas non é facer mal uso pero sería recomendable que fora algo máis pequeno, para que a píldora sexa o máis efectiva posible. Non quero dicir que como a estás tomando non sexa altamente efectiva, podemos falar que dun 98% de efectividade pode baixar ata un 93 % se se varía a hora, aproximadamente. Isto non significa que teñas que ser ás 22:00 en punto sempre, pero cando menos se varíe a hora mellor.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.