É segura a marcha atrás?

O meu mozo e mais a min non nos gusta ter relacións con preservativo, e entón usamos a marcha atrás, e perigoso?, hai risco de embarazo?.

11-06-2012

A marcha atrás ou tamén chamada coito interrompido non un método anticonceptivo porque é moi difícil controlar en que momento se vai a producir a exaculación e dificulta gozar das relacións sexuais ó ter que estar pendente constantemente da exaculación. Ademais antes da exaculación o pene segrega o líquido preseminal: é unha secreción das glándulas de Cowper, producida para a limpeza e lubricación da uretra antes da exaculación no home. É coma un líquido transparente e de consistencia viscosa que aparece no orificio do pene durante a excitación, e a medida que esta excitación aumenta, maior será a cantidade de líquido preexaculatorio, especialmente en momentos previos a que ocorra a exaculación.

O líquido preseminal pode conter espermatozoides, aínda que en menor cantidade que nunha exaculación, pero non debemos esquecer só fai falla un espermatozoide para que se fecunde un óvulo. Polo tanto, si que existe risco de embarazo se houbo penetración ou contacto deste coa vaxina, se non se empregou axeitadamente un método anticonceptivo.

Aínda que existen outros métodos anticonceptivos, ó único método que prevén tanto de embarazos non desexados como de ITS e VIH-SIDA é o preservativo. Existen moitas variedades (en canto a grosor, formas, texturas, sabores, cores, …) e poderiades probalas para atopar a que máis vos guste os dous. É certo que cando se emprega o preservativo pérdese certa sensibilidade, que xa é unha barreira que nos protexe, pero tamén non se debe esquecer que o noso principal órgano sexual é a cabeza e que esa perda de sensibilidade, pode ser maior ou menor en función da atribución que nós lle deamos. É dicir, se pensamos que ó empregar o preservativo vainos restar pracer vai ocorrer, sen embrago, de o seu uso o introducimos como un xogo máis dentro da relación sexual esa perda vai ser mínima e poderedes gozar libremente da relación sexual sen medos a posibles embarazos ou infeccións.

No caso que de decidades non empregalo deberiades acudir a un xinecólogo/a para que vos recomende outro método anticonceptivo, xa que para outros métodos é necesario unha exploración médica para poder empregalos. Para isto podedes pedir cita ó Centro de Planificación de Santiago onde vos poden asesorar sobre os diferentes me´todos anticonceptivos a empregar. Este centro atópase en Santiago na Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572. Para pedir cita tes que chamar en horario de mañá, ata as tres da tarde.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.