Ola, quería facervos unha pregunta, tiven relacións co meu mozo, só unha este mes, a miña regra é irregular e non me ven nunca os 28 días xustos. O condón estaba ben e non rompeu, podo estar embarazada?

Quería decirvos máis a fondo, a min a regra este mes fixen os 28 días o 7 de maio. A min a regla o mes pasado veume a noite do 9 para o 1 estamos a dia 11 e aínda non me baixou. Eu sei que o condón roto non estaba e ademais fixémolo 1 vez soa neste mes, pero rómpome a cabeza moito.

11-05-2012

Pola infomación que das a probablidade de que exista risco de embarazo é pequena se non houbo rotura do preservativo e se se empregou dende o comezo da penetración. Pero tamén tes que ter en conta que aínda que só mantiveras unha soa relación hai risco, tanto de embarazo non desexado como dunha ITS,  se o preservativo non se empregou correctamente.

Ademáis, tamén comentas que os teus ciclos mestruais xa son xeralmente irregulares. Isto soe ocorrer en rapazas novas e xa que o ciclo menstrual pode verse afectado por múltiples factores: cambios na alimentación e no ciclo sono-vixilia, situacións de ansiedade: coma a que estás a comentar, é dicir, o nerviosismo que podes estar a sentir ó pensar nun posible embarazo non desexado pode facer que se retrase a mentruación ...

En resumo, se empregaches correctamente o preservativo e dende comezo da penetración non hai risco de embrarazo e o retraso na mentruación pode ser por que xa xeralmente tes ciclos irregulares e o estrés da situación altéraos máis.

Pero, se segues sen ter a regra  e para estar máis segura poderías facer unha proba de embarazo : pódela facer no teu médico/a de familia, comprando un test na farmacia (aínda que depende da marca o seu prezo pode rondar os 10 €) ou nos Centros de Planificación Familiar (o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).

Os test de embarazo miden o nivel de hormona hCG (gonadotropina coriónica humana) que comeza a segregarse cando ó ovulo fecundado implantase no útero ( un óvulo fecundado tarda o redor de 7 días en baixar das Trompas de Falopio e cegar ó útero). Hai que ter en conta que a cantidade de hormona producida depende de cada muller, polo que algunhas mulleres poden detectar o embrazo antes que outras. Estímase que nos test de ouriños é posible detectala ó redor do día 14 despois da posible fecundación, pero isto vai depender da proba que se empregue, é máis fácil detectala nun test de sangre (ten que realizalo un médico/a). Para que o resultado sexa totalmente fiable recomendase facela proba 5 días despois da primeira falta da regra.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra (a través da nosa páxina, acercándote o noso local ou por teléfono). Grazas.