A primeira vez, doe ?

11-05-2010

É unha crenza bastante estendida que a primeira vez que se manteñen relacións sexuais con penetración doe, debido a que tradicionalmente se asociaba esta primeira experiencia coa rotura do hime. Por iso tamén se dicía, que si a rapaza non sangraba a presunta primeira vez, era debido a que realmente no era virxe. Sen embargo, sangrar un pouco ou non depende de cómo este o teu hime, da súa rixidez, da súa abertura e de senón se tiña roto xa ( pode sufrir pequenas lesións no borde por diversas situacións cotiás). Pode ocorrer que non sangres nada, ou que sangres un pouco, e isto non quere dicir que no sexas virxe.

A dor normalmente provén do medo, o descoñecemento e da falta de información. Se ó manter unha relación sexual con penetración a rapaza está nerviosa, os músculos da vaxina estarán contraídos e poden dificultar a penetración, ademais se non se sente a gusto e excitada, os labios menores segregarán menos fluxo vaxinal o que tamén dificulta a penetración. Canta máis confianza e comodidade se ten a parella, máis relaxada estará e así os músculos da vaxina dilataranse.

No caso que apareza algunha dor a rapaza debería comunicarllo á parella, para entre os dous conseguir unha boa excitación e que así os músculos da vaxina se dilaten. Unha forma de conseguilo e relaxarse, deixarse levar pólas sensacións e o pracer (que non só nolo dá a penetración), xogar ca parella.

Todo o noso corpo nos pode procurar pracer. O sexo non debe reducirse só o coito, e moito menos debe ser o primeiro acercamento o sexo que se teña. A relación con penetración é unha forma máis de comunicación sexual e afectiva da parella, pero nin é a máis importante nin a única, ni é recomendable que sexa a primeira.

Tamén é fundamental sentir liberdade para elixir o momento e a persoa coa que o queres facer. A dor tamén pode indicar que o estás facendo por presión, temor a perder á parella, ou por “encaixar” co que fan o grupo de amigas/os. En todo caso pensa que as molestias irán desaparecendo nas seguintes relacións, e en canto te sintas relaxada e cómoda.

Algo importante que debes ter en conta é que si na primeira vez vai a haber penetración, debes utilizar algún método anticonceptivo (oral ou métodos de barreira) pois non é certa a crenza popular de que non se pode quedar embarazada durante a primeira relación sexual.

Ademais dos embarazos non desexados tamén é importante a prevención de infeccións de transmisión sexual, o preservativo é o único método que prevén tanto, de embarazos non desexados como de infeccións de transmisión sexual

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.