Duda

Hoxe fai 8 días dunha relación de risco, sendo irregular, se fago agora o test de embarazo poderíame dar positivo? Ou canto espero á hora de facelo? Repito que son irregular por iso non podo esperar os días de retraso posto que non sei o momento de virme a regra.

11-04-2016

Poderías facelo ó 15 días da relación de risco, xa que os test de embarazo analizan a presenza de hormonas nos ouriños, en concreto, buscan a presenza da hormona hCG (gonadotropina coriónica humana), a cal se atopa só no corpo das embarazadas. Esta hormona chega sangue entre sete e nove días despois da concepción. A partires dese momento os seus niveis comezan a aumentar rapidamente. As probas de embarazo actuais, xeralmente, son capaces de detectala nos ouriños ós 15 días da concepción.

Aínda que na práctica, recomendase esperar ata un par de días despois do retraso da menstruación para asegurar que hai unha cantidade suficientemente alta de hormona como para ser detectada. Pero, non teu caso ó ter un ciclo irregular poderías facelo cando se espera que che viñera a regra en función da última e logo repetilo unha semana.

En canto, á hora para realizalo pódese facer a calquera hora do día, pero o ideal é facelo á primeira hora da mañá. Nos primeiros ouriños do día é onde se acumula a maior concentración da hormona hCG, polo que resultará máis fácil detectala. Non é aconsellable beber unha gran cantidade de líquido antes de realizar o test, posto que a concentración da hormona podería diluírse, reducindo así a fiabilidade.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.