Cando manteño relacións sexuais co meu mozo sinto dor nos ovarios pero só a sinto con el, é moi bruto pero iso gústame. Será debido a que ten un pene demasiado grande?.
11-04-2013
Nas relacións sexais non só debemos ter en conta o tamaño e grosor do pene, senón que o orificio vaxinal tamén ten tamaños distintos e a súa dilatación pode verse influída por diversos factores (escasa excitación, e/ou lubricación,..). Ademais dependendo da postura na que practiquedes o coito inflúe no pracer e/ou dor.
En relación a se o tamaño do pene é grande ou non, un estudo da Asociación Española de Androloxía establece a lonxitude media do pene en erección ne 13,58 centímetros e cun diámetro de 3,82 cm. A Federación Española de Sociedades de Sexoloxía indica que o 80% da poboación masculina atópase entre os 10 e 16 centímetros como media. Un pene entre estas medidas encherá a cavidade vaxinal e facilitará o orgasmo vaxinal, ademais do efecto erotizante que a visión do mesmo pode proporcionar (o mesmo que nos podo ocorrer cun determinado cor de ollos, …). Sen embargo, no pracer entran en xogo outros factores, como a capacidade da muller para provocar contraccións musculares e un sen fin de condicionantes físicos e psicolóxicos.
¿Que nos dá pracer?
Existen infinitas situacións, experiencias, obxectos, estímulos, persoas que poden resultarnos pracenteiros. Algunhas son bastante comúns e están influenciadas pola cultura, as mensaxes sociais, os medios de comunicación, pero no fondo, o que nos resulta pracenteiro é unha experiencia única e persoal: bailar pegadiños, unha caricia máis suave ou máis intensa, o coito vaxinal ou anal, unhas mans cálidas, o cheiro a colonia ou o cheiro corporal recentemente duchado, o sabor salgado, o chocolate, unha canción ou outra, un xesto, unha masaxe nas pernas, os bicos, ver ou sentir o que me gusta, un recordo, acariñar unha zona ou outra do corpo, masturbar, o sexo oral...e infinidade de posibilidades máis.
Para algunhas persoas a dor e o pracer soen estar asociados, necesitan sentir algo de dor para que o pracer sexa maior. O sistema nervioso é complicado e un gran descoñecido, é como unha gran rede que vai creando as súas propias asociacións, a maioría delas inconscientes, polo que cando aparecen non é bo nin darlles nome nin sentirnos culpables por elas. Seguramente a túa parella e ti sen querer descubrichedes un novo camiño para gozar das vosas relacións sexuais. Isto non se debe confundir con sado-masoquismo, é outra cousa, é unha compulsión que non permite gozar máis que con grandes doses de dor propia ou allea, non é o teu caso. Esquécete doutras consideracións e desfrutade. A única recomendación é que cada un respecte os límites que o outro/a impoña e os do malestar propio.
Para o pracer non hai receitas, e moitas veces non é tanto o que senón o como, con quen... en realidade hai tantas maneiras de dar e recibir pracer como persoas existen.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.