Duda
As pastillas anticonceptivas llevan cortisona?. Porque a maioría das rapazas engordan.
11-02-2016
A píldora anticonceptiva levan estróxenos, que son hormonas sexuais femininas e non engordan; este é un dos maiores mitos que existen en torno ó uso da píldora.
Moitas mulleres cren que si engorda e, incluso din notar un aumento de peso ó tomala, pero outras tamén afirman ó contrario, que notaron unha baixada. Pero nisto os relatos persoais non valen xa que a ciencia demostrou que non é así.
Nas últimas décadas, foron publicados decenas de estudos tentando esclarecer a relación entre aumento de peso e uso de pastillas anticonceptivas e estes conclúen que non hai bases científicas para culpar a pílula por aumentos de peso relevantes. Mesmo nas mulleres que gañaron 1 ou 2 quilos, non se probou que a culpa era da pílula xa que os grupos que non tomaban o anticonceptivo tamén presentaron mulleres con aumento de peso desta magnitude.
O que os estudos mostran é que as mulleres poden engordar ou adelgazar debido a diversos factores. Ao longo de 6 a 12 meses é moi común haber variacións no peso das pacientes, tomando ou non contraceptivos hormonais. O problema é que cando estas variacións ocorren nas que están a tomar a pílula, o medicamento acaba sendo o responsable indebidamente.
En determinadas mulleres pode ocorrer que os anticonceptivos poden provocar retención de líquidos nos primeiros meses de uso e polo tanto unha subida moderada. Esta tendencia á retención pode desaparecer despois do terceiro mes.
Tamén é imporante facer unha honesta autocrítica, xa que é moito máis fácil e cómodo culpar a pastilla anticonceptiva polo aumento de peso que facer unha autocrítica e percibir que a razón de engordar, probablemente, son os hábitos de vida e alimentarios da propia paciente.
En síntese, pódese concluír que a pílula anticonceptiva non engorda. Non hai como culpar a pílula por aumentos de peso superiores a 2 kilos e os aumentos máis discretos adoitan desaparecer despois dalgúns meses de uso.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.