Cando fan unha analítica de sangue a menores de idade sae o do tabaco?
10-11-2016
Antes de nada desculpas pola tardanza.
Non. As probas de detección de drogas poden ser de ouriños, cabelo ou ouriños, sendo esta última a máis usada. No caso do tabaco tamén se pode facer unha espirometría (mediante a medición da calidade do aire que expulsamos ó soprar nun aparello) para comprobar a cantidade de monóxido de carbón que hai nos pulmóns .
As probas de sangue habituais só analizan hemoglobina glóbulos vermellos, brancos, plaquetas entre outros pero non fan análise de posibles sustancias tóxicas, as detección son probas específicas.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.