Cuantas casas de acogida tiene la asociación

10-09-2015

A Asociación Antidroga Renacer non ten ningunha casa de acollida nin centro de internamento ó/á drogodependente. As intervencións que levamos a cabo con persoas con problemas de drogodependencia son de carácter ambulatorio e en colaboración co Servizo Municipal de Drogodependencias e/ou outros dispositivos dependentes da Consellería de Sanidade.

Somos unha entidade sen ánimo de lucro e o noso principal obxectivo é informar e sensibilizar á sociedade ante o problema das drogodependencias, e apoiar e asesorar ó/á drogodependente e á súa familia. Para o que desenvolvemos diferentes programas dirixidos á promoción de hábitos saudables, especialmente encamiñados á prevención das drogodependencias e do VIH-SIDA nos ámbitos escolar, familiar e comunitario.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.