Si me ven a regra hai que descartar completamente o embarazo, non?

10-06-2016

O descarte non pode ser completo, existen acaso nos que pode existir sangrado durante o embarazo, aínda que non é habitual pode ocorrer (na anterior pregunta esta a explicación detallada disto).

Polo que se mantiveches relacións sexuais sen protección para asegurarte de que non existe embarazo podes facer unha proba de embarazo para estar completamente segura.

Tamén che recomendamos que te plantees seriamente empregar métodos anticonceptivos para poder ter relacións sexuais satisfactorias e seguras e evitarte “preocupacións posteriores”.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.