Si che baixa a regra un mes despois de manter relacións, descartase a opción de estar embarazada ao 100 por 100?
10-06-2016
Ter sangrado non implica con unha certeza do 100% que non exista embarazo se tiveches relacións sen protección, aínda que as probabilidades de que isto ocorra son mínimas. Se tiveches relacións sen protección e non empregaches ningún método de emerxencia podes facer unha proba de embrazo para ter seguridade absoluta. Repetimos, non é usual ter sangrado e embarazo á vez, pero que se se ten sangrado non implica non estar embrazada con total seguridade.
Explicamos o que pode ocorrer: algunhas mulleres poden menstruar durante a etapa inicial do embarazo. Outras mulleres teñen perdas durante o embarazo e confunden iso cun inusual ciclo menstrual.
É teoricamente imposible ter a regra mentres se está embarazada (un embarazo uterino normal), sobre todo despois dos tres primeiros meses; en cambio durante o primeiro trimestre, por razóns hormonais ou funcionais (desfeitos do endometrio), nuns poucos casos ocorren sangrados con características moi similares á menstruación, pero adoitan ser máis leves.
Dado que se dá nunha minoría de mulleres, en principio hai que pensar que estes sangrados non corresponden a unha auténtica menstruación, senón a outras causas que, de repetirse ou ser abundante e vermello o sangrado, poden chegar a ser preocupantes e, en consecuencia, requiren informar enseguida ao xinecólogo/a.
No entanto, nalgunhas embarazadas prodúcese o que se coñece como “ciclo menstrual regular”. Algunhas mulleres experimentan un ciclo menstrual regular, aínda que están realmente embarazadas. Isto ocorre normalmente cando unha muller queda embarazada preto do comezo do seu próximo período menstrual (regra). Neste casos só se produciría unha vez.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.