Si se toma a pastilla anticonceptiva antes das 24 horas fai efecto?. Porque tomeina 12 horas despois de manter relacións
10-06-2016
Non entendo moi ben a túa pregunta, xa que non sei a que pastilla te refires.
Se te refires a píldora poscoital ou do día despois: esta débese tomar dentro das 72 horas posteriores á relación sen protección, pero canto se tome máis efectiva é, nas primeiras 24 horas a súa efectividade está nun 95%. Se foi este o caso tomáchela ben.
Se te refires a píldora anticonceptiva: esta débese tomar todos os días á mesma hora, independentemente da hora e do número de relacións que se teñan. A píldora anticonceptiva ten unha efectividade do 95-97%, se se toma correctamente.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.