Dúbida
Ola María son a do outro día, dixéstesme que o sangrado puido ser por "furar" a parede vaxinal, pero e que despois de sangrar iso roxo non volvín sangrar máis ata o domingo que estiven toda a tarde manchando como unha cousa marrón. E hoxe luns un pouquiño menos, case nada pero aínda manchei. Estou algo preocupada porque non sei si fixen ben en tomala píldora si me vai facer efecto se non, non sei e teño 18 anos.
10-02-2014
Un dos efectos secundarios da pílula poscoital é a alteración do ciclo menstrual, así que apareza un leve sangrado similar ó menstrual con menor duración e a destempo (fora dos días nos que se esperaba a seguinte regra) é habitual (o segundo sangrado que comentas). Un dos mecanismos de acción desta pílula é que impide a implantación do óvulo na parede do útero e, para iso, expulsa o endometrio (capa máis interna do útero que se forma e expulsa en cada menstruación) que xa se formou do mesma maneira que ocorre en cada período, polo cal aparece o sagrado.
Tamén ó ser un sangrado debido ós efectos das hormonas soe cambiar a aparencia, como cando se toma a pílula anticonceptiva diaria. O máis probable é que a próxima menstruación non che chegue na mesma data. Poderá chegar nunha data posterior, isto efecto da pílula do día despois. Tampouco esperes con ansiedade o próximo período, xa que esa angustia pode facer que se retrase a menstruación.
En canto á efectividade, como xa che comentei, vai depender de cando tomaras a pílula e do momento do ciclo menstrual no que estiveras, pero se a tomaches correctamente nas primeiras 24 horas lembra que ten unha eficacia do 95%.
Deberías acudir a unha revisión médica para que che fagan unha exploración e poderás consultarlle a túa situación e, ademais, segundo comentaches na anterior pregunta xa a tomaches en varias ocasións (lembra que nós somos psicólogas e podemos orientarche ata certo punto, pero hai temas que son máis específicos dos médicos/as). Podes pedir cita no teu médico/a de cabeceira que che derivará, se o considera necesario, a un servizo máis especializado.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.