18 anos

Ola teño 18 anos e estou embarazada de 3 semanas. A onde teño que acudir para interromper este embarazo?. Fai falta o consentimento paterno?

09-12-2015

Segundo a lexislación vixente (Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo) tes que ser maior de idade para interromper o embarazo, polo que non necesitas consentimento paterno.

A lei tamén establece que a muller non está obrigada a dar ningún motivo para levar a cabo a interrupción voluntaria do embrazo ata a semana 14 de xestación. Mais aló dese período establece criterios médicos para poder levalo a cabo.

A nosa recomendación é que se estás embrazada deberías compartilo cas persoas próximas a ti, permítelles demostrarche o seu apoio. Pensa en que persoas coma a túa parella, o teu pai ou nai, os/as teus irmáns, os/as amigos, … poden escoitarche e axudarche. Pode que nun comezo a súa reacción non sexa a que máis che gustaría pero falando con eles e explicándolles o que che pasa e estar a sentir van a axudarche e apoiarche no que necesites e non terás que enfrontarte soa a unha situación así.

Se xa confirmaches o embarazo tes que decidir se queres levalo a cabo ou non, a decisión terá que basearse na túa situación persoal. Debes pedir axuda canto antes por que, aínda que debe ser unha decisión meditada, non deixes pasar moito tempo, tanto de queres seguir adiante co embarazo coma se decides interrompelo.

Podes acudir o Centro de Planificación Familiar de Santiago, e podes chamar directamente para concertar unha cita. Este é un servizo gratuíto que conta cun equipo multidisciplinar ( psicólogo/a, enfermeiro/a, xinecólogo/a,…). Atópase en Santiago na Rúa Londres, 2 – 4 Fontiñas e os teléfono son: 981 577 914 (principal) e 981 577 670 (cita previa) e ten horario de 8:00 a 21:00 horas.

Debes ter en conta, que abortar, non só ten consecuencias físicas senón tamén psicolóxicas e nese centro poderás contar con apoio médico e psicolóxico. Non é necesario que acudas con alguén pero tamén sería importante que este paso non o deras soa. Un aborto é unha situación desafortunada e difícil para todas as persoas, polo que é importante sentirse apoiada nunha situación así. Busca familiares, amizades, profesionais que che orienten,... Por moi duro que che resulte dicirllo á túa familia, lembra que a maior parte dos pais/nais queren o suficiente ás súas fillas e fillos como para, aínda co enfado e a confusión lóxica do primeiro momento, aceptar a situación e apoialo/as. Pero se non te sentes capaz de falalo cos teus pais, podes recorrer a profesionais da saúde, ao teu médico de cabeceira,.. e acudir á consulta coa túa familia á hora de comunicarllo para que axuden nese intre.

Se queres podes poñerte connosco e concertamos unha entrevista para poder falar e asesorarche. Para iso podes facelo a través do correo electrónico (renacer@asociacion-renacer.org), chamando para concertar unha cita (981 87 40 86) ou, se queres podes facilitarnos un número (por esta vía, por exemplo) para poder poñernos nós en contacto contigo, sempre garantindo o teu anonimato.

Volvemos a insistir, non deberías enfrontarte a algo así ti soa, pide axuda e permite que te axuden.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.