Salir de festa
E normal que non me guste salir de festa nin estar con moita xente?
Teño 17 anos e non me gusta salir de festa pero a mayoría dos meus amigos o fan pero e que a min non me gusta e como salen todos pois non sei se son eu que teño que ir a un psicólogo ou algo ata a xente mais cercana a min me din que teño que salir e coñecer cousas que despois cando sea maior voume arrepentir pero e que agobiarme e none gusta non sei porque
09-11-2019
Antes de nada desculpas pola tardanza na resposta. O que se considera como normal é relativo, si que é verdade que somos seres sociais e que as persoas gústannos estar con outras persoas e, sobre todo, durante adolescencia cando o grupo de iguais se torna en primordial. Pero tamén pode ocorrer que os intereses dos/as que están o noso redor non sexan os mesmos cos que nós temos o que pode facer que nos distanciemos. Neste caso sería recomendable “buscar” un novo grupo (non fai falla que sexa moi amplo) con inquedanzas comúns e co que poidas compartir e desfrutar. En canto ó de acudir a un psicólogo/a, é unha decisión persoal, ¿cres que che podería axudar a mellorar as túas relacións sociais, a sentirte ben contigo mesmo/a?. Se dubidas tamén podes probar e ver, lembra que acudir a unha terapia psicolóxica é unha boa maneira de coñecernos e poder mellorar aqueles aspectos da nosa vida que os poidan estar causando malestar. Se o desexas tamén podes poñerte en contacto connosco vía telefónica ou presencial e así poder falar máis profundamente do que che inqueda.