Consello
Ola levo case dous anos coa parella e xa non sinto o mesmo por ela algúns días levántome da cama e quero deixalo e a veces estou ben. Que podo facer?. E que por unha parte quero seguir coa relación pero pola outra quero deixala e non sei como facelo para non pasar un mal rato. Pídovos un consello si e posible, grazas de antemán.
09-08-2015
A verdade que dar unha resposta concreta sobre o plantexas é algo complicado por esta vía. O mellor consello qu podemos dar é o diálogo, que fales ca túa parella, dicirlle as túas dúbidas e medos e o que che está pasar.
As parellas hai etapas e ciclos, momentos nos que se está mellor e outros non tanto.é normal que ás veces teñas dúbidas ou que a intensidade dos sentimentos varíe, como nos ocorre con outras relacións afectivas que temos, ca familia, amigos,… Tamén tes que ter en conta que ás veces nas relacións os sentimentos dun dos membros da parella poden cambiar, sen que sexa algo planeado ou voluntario ou mesmo que nun determinado momento alguén poida dubidar dos propios sentimentos. Nestes casos, é recomendable e que teñas o teu espazo para reflexionar e tentar aclarar o que estar a sentir.
Non é unha situación fácil, pero con dialogo entre vos pódese levar algo mellor, e a túa parella pode axudarche a que te sintas mellor.
Non sei se estás palabras se serven de consolo, pero por este medio é complicado responder a algo como que plantexas. Se queres podes acercarte polo noso local social e falar connosco persoalmente ou chamarnos por teléfono(estamos en horario de mañá). O anonimato segue garantido.
De todos os xeitos, se o necesitas podes volver a poñerte en contacto connosco, para esta ou calquera outra cuestión.