Dúbida de embarazo

Boas, onte tiven xogos coa miña parella e introducinlle o pene unhas cantas veces, non exaculei e non tiña líquido pre seminal na puntiña ela esta cos anticonceptivos téñome que preocupar?, contestade o máis rápido posible por favor :,(

09-08-2015

Se a túa parella emprega anticonceptivos, supoñemos que a píldora anticonceptiva, esta ten unha eficacia dun 95-97 % (se esta se toma correctamente) non hai risco de embrazo aínda que haxa exaculación, polo que non tes motivos para preocuparte.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.