Si tes relacións sexuais 5 días antes de que che veña a regra, e logo che ven a regra a ós 5 días, hai posibilidades de embarazo?
09-07-2016
As posibilidades de embarazo van depender da regularidade dos teus ciclos mentruais. Se tes os ciclos moi regulares as posibilidades dun embrazo non desexado se se manteñen relacións sexuais sen protección non hai risco, pero insistimos ciclos moi, moi regulares. Se os ciclos non son regulares pode existir risco.
En canto a que che viñera a regra, isto non fai descartar por completo un embarazo, xa que aínda que non é que non é habitual pode ocorrer. Nalgunhas embarazadas prodúcese o que se coñece como “ciclo menstrual regular, aínda que están realmente embarazadas. Isto ocorre normalmente cando unha muller queda embarazada preto do comezo do seu próximo período menstrual (regra). Neste casos só se produciría a menstruación unha vez.
Como conclusión, as probabilidades de embrazo son moi pequenas, polo que che recomendamos que para que esteas máis tranquila, podes facerte unha proba de embarazo (máis pola tranquilidade que polas posibilidades).
Por último, recomendámosche que te plantees seriamente empregar métodos anticonceptivos para poder ter relacións sexuais satisfactorias e seguras e evitarte “preocupacións posteriores”.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.