Preliminares e embarazo

A miña parella e mais eu durmiremos xuntos un par de días. Ambos sabemos onde temos o listón, nada de coito por agora, pero xa falamos do que nos apetece facer, xa que gústanos ir pouco a pouco, decidimos permanecer espidos e facer o das últimas veces que facemos nos "preliminares".. pero ao estar espidos, se hai algún roce entre xenitais sen chegar á penetración, correría algún risco? (E falo de roces durante moitas horas, a verdade..)

Moitas grazas

09-07-2012

Antes de nada felicitarvos, por que a sexualidade non só consiste en prácticas sexuais senón que tamén é unha fonte comunicación e pracer, por que comunicamos co noso corpo pero tamén é moi importante falar dos nosos desexos, gustos,… e entre ambos lograr unha vivencia da sexualidade satisfactoria para ámbolos dous. A sexualidade é .... parte de nós e, ademais, é un valor positivo a coñecer, educar e gozar, desenvolvendo ao máximo as vosas posibilidades como medio polo que relacionarvos cos/as demais e como fonte de pracer.

Unha forma de vivir a sexualidade e fonte de pracer como son os roces, caricias, os bicos, as apertas , os xogos eróticos, tocar e tocarse,… é dicir, o que ti denominas “preliminares” non teñen risco de embarazo, aínda que esteades espidos.

Pero se o teu mozo exacula na túa zona xenital (entrada da vaxina) si que pode existir risco de embarazo non desexado ou dunha infección de transmisión sexual, aínda que a probabilidade é menor que nunha relación sexual con penetración e sen protección, xa que existe posibilidade de que o seme se introduza na vaxina.

Ademais nas relacións sexuais orais (felación e cunnilingus), tamén existe risco de infección para a persoa que estimula coa súa boca os xenitais da outra. Se queredes gozar destas prácticas sexuais, sen que supoña un risco para a saúde, debedes, no caso dos rapaces, utilizar preservativos, e no caso das rapazas un preservativo aberto, ou un cadrado de papel filme transparente de cociña que sirva de barreira entre a boca e os xenitais femininos.

Polo que é moi importante saber se se teñen síntomas dunha posible ITS. Para máis información sobre as ITS, os seus síntomas ou as condutas de risco, consulta o apartado de “Infórmate” da nosa web ou preme aquí.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.