Ola María, mira é que me estou a facer un lio e non sei que día teño que comezar cas píldoras. O domingo día 5 foi a última que tomei, entón agora teño 7 días de descanso e a regra venme o día 13. Cando teño que comezar a tomalas?. Grazas.

09-06-2016

A píldora tomase durante 21 días e faise un descanso de sete días. Polo que seguindo este ciclo comezase sempre o mesmo día da semana e de igual forma rematase o mesmo día (que será o anterior ó que comezamos). É dicir, se remataches o domingo 5 comezaras o seguinte envase o luns 13, sempre vas rematar nun domingo e comezar nun luns.

Durante esta semana de descanso deberías ter a menstruación, aínda que dunha muller a outra pode variar e aparecer antes ou despois.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.