Quería facerche unha pregunta... Miña nai morreu o ano pasado, e a miña irmá xa non vive na nosa casa, vivimos meu pai máis eu sós, o caso é que me da vergoña falar con el das cousas normais, como a regra e iso... ¿Que podo facer?.

09-06-2012

Sería recomendable que isto que nós estás a expor tamén o falarás co teu pai, xa que agora e el quen está contigo no día a día. Cando hai un cambio na familia, coma a desaparación dun proxenitor, as relacións familiares mudan inevitablemente, que sexan máis próximas ou distantes depende de nós, polo que sería importante que te “acercaras” para que a vosa relación sexa satisfactoria para ámbolos dous.

Ás veces temos” metido na cabeza” que cando temos dúbidas sobre o noso desenvolvemento físico e/ou emocional é mellor acudir a unha persoa do noso mesmo sexo que xa pasou por iso, pero non ten que ser así, que un home, por exemplo, non teña a menstruación non implica que non che poida dar información sobre este tema ou outros similares. Pode que non saiba algunhas cousas, como lle pode ocorrer a outras persoas, pero si que che pode axudar a buscar información noutras fontes. Pode que se non estás acostumada a comentar este tipo de cuestións con el nun principio poidan darche certa vergoña, pero lembra que como pai vai querer axudarche e apoiarche no que necesites. E así asentrás unhas boas bases para mmelloara a vosa comunicación e, en definitiva, a vosa relación.

Se falas con el e lle comentas que en determinados momentos tes dúbidas, que en outras circunstancias non llas preguntarías, afianzará a vosa relación como pai e filla, por que un pai non ter que ser un experto en todo, senón aquela persoa á que podes acudir cando tes dúbidas ou necesitas axuda e entre os dous atopar solucións. Tes que ter en conta que ó longo da túa vida vas a ter outras inquedanzas e sería importante que sentarás as bases dunha  boa relación de comunicación co teu pai, aínda que en determinadas circunstancias acudas a outros parentes coma a túa irmá ou outras persoas.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.